quinta-feira, 14 de novembro de 2013



XXIII EXPOSICIÓN FILATÉLICA SAN MARTIÑO 2013
A XXIII Exposición San Martiño 2013- Mostra de Coleccionismo organizada pola Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense, sorpréndenos con máis de sesenta coleccións (once de xente nova) nas que se poderán ver as xa tradicionais de Filatelia (nas súas modalidades tradicional, temática, un cadro, clase aberta) e Numismática xunto a outras que reúnen bitolas, décimos de lotaría, calendarios, tarxetas postais,…
Os expositores teñen idades comprendidas entre os 6 e os 91 anos e pódense concertar visitas do 8 ao 17 de novembro de 2013 na web da Concellería de Educación.
Este ano conta con varias coleccións en lingua galega: algunhas de adultos, ás conxuntas de alumnos do CPR “Cardenal Cisneros”, a do  CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño e a da infantil Jocabed Fernández.
Paulino Peña foi o encargado de entregarlle o seu trofeo salientando así o seu labor pola nosa lingua.
Animámosvos a que a visitedes e coñezades de perto o valor educativo da filatelia xa que “ o selo é punto de encontro de lugares e culturas do que podemos aprender e co que podemos aprender”.
www.sociedadmiño.es

 

quarta-feira, 16 de outubro de 2013

Trailer Documental 'UXÍO NOVONEYRA: Poeta / Alén'
A Deputación de Ourense convoca o “XI Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”

Está dotado con 3.000 € para a dúas modalidades. O prazo para a admisión dos traballos de narración remata o 31 de decembro
Revista con posibilidade de subscripción:
 http://revistaoink.com/
ACTIVIDADES curso 2013-2014.



1.- Blog conxunto.
 

    http://www.auriaourense.blogspot.com.es/


2.- Radio Auria.


3.- Boletín informativo "Non só lingua"


4.- Campaña de adhesivos e cartaces
    "Aquí aprendemos en galego"

sexta-feira, 4 de outubro de 2013

BENVIDOS/AS

Hai un refrán que di: "O que ben empeza... ben acaba"
Empecemos compañeiros/as, o novo curso está en orde.
Pensemos na sorte de ter lingua propia.
Fagamos desta riqueza unha ferramenta que guiará aos nosos/as alumnos/as e lles abrirá moitas portas.
ADIANTE CO GALEGO!!!

segunda-feira, 24 de junho de 2013



COORDINADORA COMARCAL AURIA    

O día 30 de xaneiro no CEIP Irmáns Villar de Ourense tivo lugar unha reunión á que asistiron varios centros da cidade e arredores así como a Normalizadora do Concello de Ourense e un representante da Coordinadora  Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), concretamente Manuel Rosende,  encargado da sección Comarcas.
Acordouse levar a cabo catro seccións de actividades conxuntas e asemade fixéronse catro grupos entre os asistentes que se foron adscribindo a cada unha delas especificamente para implicarnos todos e partillar responsabilidades, botar unha man sempre que se puider no desenvolvemento da actividade, aínda que todas as tarefas estean abertas á participación de todos e cada un dos centros membros da Coordinadora.
1.- Apertura do blog da Coordinadora.
2. -Publicación dun boletín informativo trimestral “Non só lingua”, en formato tríptico ou díptico, para facelo chegar a todas as casas e a todo o profesorado, contendo artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,...
3.-Intervención normalizadora no contorno en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense.
Premio conxunto anual  a un personaxe ou entidade local que, polo seu labor normalizador, destaque na zona (empresa, comercio, xogadores, cantantes,...)   Proporánse candidatos desde os centros e ANPAS).                         
Campaña de adhesivos con lema   (Aquí atendemos en galego,...) co fin de distribuílos  entre estabelecementos ou organismos públicos ou privados para colocar nun lugar visíbel.
 E con vistas ao próximo curso escolar:
4.- Radio Escola.  Xa falamos con algunha emisora comercial para dispor dunha emisión quincenal, e solicitamos a  colaboración do Concello de Ourense.
Se isto non fose posíbel, poderíase abrir unha sección de programas no blog gravados en Audacity : contos, informativos, documentais, musicais, lingua,… Sería importante incidir con eles nos temas da lingua, autoestima, sociolingüística,...

De entre estas actividades, desenvolvéronse as seguintes:
-   Apertura do blog da Coordinadora AURIA:    
                      http://www.auriaourense.blogspot.com.es/
-          Publicación do primeiro número do boletín informativo “Non só lingua”, en formato tríptico, pois é este formato o que consideramos máis axeitado para chegar a todas as casas e a todo o profesorado, contendo breves artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,... extraídos de diversos medios como “Ollos de aula”,  “A letra miúda”, etc. e en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense (Xúntase PDF contendo “Non só lingua” nº 1)
Fica feito un esbozo do seguinte tríptico para enviar no primeiro trimestre do seguinte curso.
-    Está feito o deseño correspondente da  Campaña de adhesivos con lema   (Aquí atendemos en galego,...) co fin de distribuílos  entre estabelecementos locais, mais pendente de realización e financiamento para o próximo curso escolar.
                                         
-          Continuaremos tamén para o próximo curso intentando conseguir financiamento para o proxecto de Radio Escola. E comezaremos no inicio do seguinte curso coa proposta e votacións para a concesión do Premio conxunto anual  a un personaxe ou entidade local.









Xornal "A fume de carozo" CEIP A PONTE

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponteourense/

terça-feira, 30 de abril de 2013

Vídeo realizado polo ENDL de Prácticas de Ourense sobre o poema Miña Santiña, miña Santasa de Rosalía de Castro co gallo do concurso Imaxina Cantares.

Biografía de Roberto Vidal Bolaño

O 31 de xullo de 1950, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertería nun dos creadores do teatro profesional galego.
Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron outros nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.
Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor, autor, electricista, pintor…
O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das trinta obras teatrais, algunhas delas dedicadas ao público infantil.
Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.
Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina
No ano 1991 creou e dirixiu a Compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras.
Roberto Vidal faleceu en Santiago no ano 2002.
Roberto Vidal Bolaño escribiu perto de trinta obras de teatro, entre elas estas:
-Laudamuco,Señor de Ningures
-Bailadela da morte ditosa
-Agasallo de Sombras
-Días sen gloria
-Saxo Tenor
-As actas escuras
-Touporroutou da Lúa e o Sol
-Doentes
-Rastros
-A burla do galo

segunda-feira, 22 de abril de 2013

Dia do libro no CEIP A PONTE

No CEIP A PONTE, festexamos o día do Libro. Ademáis doutras actividades, podedes visitar a exposición de libros feitos POR e PARA os alumnos/as.





segunda-feira, 4 de março de 2013

PASAPALABRA ROSALÍA de CASTRO

PASAPALABRA ROSALÍA de CASTRO
Un grupo de alumnos de 5º de Primaria do Colexio “Cardenal Cisneros” colaboraron coa súa profesora Marila na elaboración deste pasapalabra dedicado á escritora Rosalía de Castro.  Baséase  na proba final do programa televisivo do mesmo nome que é o “rosco”.

Outro gran de area que se une aos actos de homenaxe na súa honra neste ano que  se cumplen os 150 anos da publicación da súa obra “Cantares Gallegos”.

Parabéns polo voso traballo!!



https://b29a5e5c-a-762df989-s-sites.googlegroups.com/a/genmagic.net/pasapalabras-genmagic/areas-gallego/lenguaje/rosalia-de-castro/rosaliadecastro.swf





quinta-feira, 21 de fevereiro de 2013

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
 GRAZAS ROSALIA!


http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm


http://www.manuelmaria.com/manuelmaria/recursos/videos/ver.htm?id=14&paxina=1


   María Rosalía Rita de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do 1837. Parte da súa infancia pasouna coa súa nai en Padrón, indo ós 13 anos para Santiago de Compostela. En 1856 vaise para Madrid, para adicarse a escribir. Alí casa con Manuel Murguía, xornalista e gran galeguista.
   Durante anos alterna a residencia entre Madrid e Galicia, onde xa quedará definitivamente a partires de 1871. Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na que hoxe é a Casa Museo de Rosalía. Pouco antes da súa morte, enferma de cancro, pasa unha curta tempada na Ría de Arousa (Carril), pois quería ve-lo mar antes de morrer. Con 48 anos (ano 1885), Rosalía morre en Padrón.
   Na actualidade, os seu restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago).
OBRA
   Rosalía cultivou distintos xéneros literarios: novela, cadro de costumes, conto, reportaxe, poesía... Pero é aquí, na poesía, onde máis destacou, converténdose nunha poetisa universal.
   Rosalía escribiu tanto en galego como en castelán. En galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).
   En castelán e en verso, La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884). En prosa escribiu, entre outras, as obras Flavio (1861), El caballero de las botas azules (1867), La hija del mar (1859), El primer loco (1881), Costumbres gallegas (1881)  Padrón y las inundaciones (1881) e Ruinas (1866).
   No centenario da publicación de Cantares Gallegos (1963), a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron adicadas a Rosalía na súa primeira edición. Elexiuse esta data porque era a que figuraba na adicatoria feita por Rosalía.
                           
CANTARES GALLEGOS
   
     En maio de 1863 imprímese en Vigo Cantares Gallegos, libro fundamental do Rexurdimento da lingua galega. Neste libro Rosalía nomea "cantares" populares galegos, que eran recollidos e estudados polo seu home, o insigne galeguista Manuel Murguía. Tamén fai referencia a ditos e refráns.
     É o seu primeiro libro en lingua galega, e tamén o primeiro en galego da literatura moderna. Rosalía realiza a fazaña de escribir nunha lingua na que non se escribía dende facía centos de anos. A súa voz érguese contra agravios e prexuizos seculares, e faino en lingua galega.
      O primeiro poema vai a xeito de introducción poética. Os cantares pódense clasificar en monólogos, diálogos, poemas de costumes, humor, sátira, sociais, patrióticos... Estes últimos son os máis importantes. Están inspirados na emigración ou no menosprezo por todo o que teña que ver co galego.
     Adiós, ríos; adiós, fontes é o adeus do emigrante que marcha.
     Airiños, airiños, aires reflexa o desexo dunha muller de voltar a Galicia.
     Castellanos de Castilla , sentimento de maltrato ós galegos.
     Campanas de Bastabales e Como chove miudiño son poemas autobiográficos.
     Trátase, polo tanto, dun libro reivindicativo, escrito para que Galicia se encontre a si mesma, e para que os galegos rompamos cos vellos e estranos complexos.
FOLLAS  NOVAS
   Este libro é publicado no ano 1880. Rosalía sábese moi diferente das  demais  poetisas  e  xa  o  indica  no  primeiro  poema.
                     "Daquelas que cantan ás pombas e as frores,
                      todos din que teñen alma de muller.
                      Pois eu, que n'as canto, Virxe da Paloma,
                      ¡ai!, ¿de que a terei?"
   Os poemas foron escritos "no deserto de Castilla". Como ela mesma indica no prólogo, parte son poemas intimistas e a outra parte son poemas de temática social. Tamén hai poemas costumistas (A pombiña que está xorda) ou relixiosos (Na catedral).
    No libro quinto (e último) desta obra, "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos" trata Rosalía o tema da emigración, pero dende o orixinal punto de vista da ferida psicolóxica que deixa no espírito da muller, que queda en Galicia.
     No poema "A xusticia pola man" fai unha poetización da súa traxectoria biográfica nunha sociedade hostil.
     Rosalía non volve a escribir en galego, pese á insistencia de Manuel Murguía, home seu, como xa apuntaba no prólogo...
      "...porque pagada xa a deuda en que me parecía estar coa miña terra, difícil é que volva a escribir máis versos na lengua materna."


"Tecín soa a miña tea,



sembrei soa o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar."


Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.