O día 30/01/13 celébrase unha reunión para crear a coordinadora Equipos Dinamización Lingua Galega de Ourense. Nace co nome de Auria e vai ser unha ferramenta educativa de traballo por e para a lingua galega. O galego ben merece o noso traballo e esforzo. Adiante!
segunda-feira, 22 de setembro de 2014
quarta-feira, 17 de setembro de 2014
quarta-feira, 9 de julho de 2014
As Letras Galegas homenaxearán o vindeiro ano a Xosé Filgueira Valverde
- A Consellería de Cultura e Educación salienta o ímprobo labor de Filgueira no seo das principais institucións culturais, así como o seu traballo en prol do desenvolvemento de Galicia
5 de xullo de 2014.-A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2015 a unha das figuras máis destacadas da cultura de nós durante o século XX, o polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, e traballa xa na homenaxe que en Galicia se lle vai render ao autor o vindeiro ano.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere ademais salientar o labor de Filgueira Valverde como promotor e participe de moitas das máis destacadas institucións culturais da nosa terra −nomeadamente, o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Pai Sarmiento de Estudios Galegos e o Consello da Cultura Galega−, e como protagonista do desenvolvemento social de Galicia.
Nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 13 de setembro de 1996, Xosé Filgueira representa un cumio intelectual e é un dos meirandes divulgadores culturais que teña dado Galicia. Numerario da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia, a súa produción científica supera as 2.100 publicacións e interveu en máis de 4.500 charlas ou conferencias.
Cómpre destacar tamén a súa faceta literaria e compiladora na que se poden resaltar obras como o libro de relatos ‘Os nenos’; o texto teatral ‘Agromar. Farsa pra rapaces’; as antoloxías ‘Cancioneiriño de Compostela’ e ‘Cancioneiriño novo de Compostela’, en que recolle composicións que fan referencia á capital galega e o volume de prosas ‘Quintana viva’.
sexta-feira, 6 de junho de 2014
terça-feira, 3 de junho de 2014
Subscrever:
Mensagens (Atom)
O galego no mundo.
Lexislación
Normativa
Galipedia
Tradutores e Dicionarios
Artigos
Os nosos blogs
Os nosos boletíns. Non so lingua.
O galego nas TIC
Recursos en rede
Enlaces
- http://coordinadoraendl.org/letras2013
- Listado provisional de subvencions aos ENDL
- Portal Galego de Educación
- Ollos de aula
- Medrar en galego
- Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística
- Convocatoria para presentación de proxectos de fomento do uso do galego
- Convocatoria de concurso exposición sobre Roberto Vidal Bolaño
Adhesivos.
- Aquí atendemos en galego.
Feísmo lingüístico.
- Fotos de desleixo lingüístico.