COORDINADORA COMARCAL AURIA
O día 30 de
xaneiro no CEIP Irmáns Villar de Ourense tivo lugar unha reunión á que asistiron
varios centros da cidade e arredores así como a Normalizadora do Concello de
Ourense e un representante da Coordinadora
Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL),
concretamente Manuel Rosende, encargado
da sección Comarcas.
Acordouse levar
a cabo catro seccións de actividades conxuntas e asemade fixéronse catro grupos
entre os asistentes que se foron adscribindo a cada unha delas especificamente
para implicarnos todos e partillar responsabilidades, botar unha man sempre que
se puider no desenvolvemento da actividade, aínda que todas as tarefas estean
abertas á participación de todos e cada un dos centros membros da Coordinadora.
1.-
Apertura do blog da Coordinadora.
2.
-Publicación dun boletín informativo trimestral “Non só lingua”, en
formato tríptico ou díptico, para facelo chegar a todas as casas e a todo o
profesorado, contendo artigos de lingua, orientación escolar,
sociolingüística,...
3.-Intervención normalizadora no contorno
en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense.
Premio conxunto anual a un personaxe ou entidade local que, polo
seu labor normalizador, destaque na zona (empresa, comercio, xogadores,
cantantes,...) Proporánse
candidatos desde os centros e ANPAS).
Campaña de adhesivos con lema (Aquí
atendemos en galego,...)
co fin de distribuílos entre
estabelecementos ou organismos públicos ou privados para colocar nun lugar
visíbel.
E con vistas ao próximo curso escolar:
4.- Radio
Escola. Xa
falamos con algunha emisora comercial para dispor dunha emisión quincenal, e
solicitamos a colaboración do Concello
de Ourense.
Se
isto non fose posíbel, poderíase abrir unha sección de programas no blog
gravados en Audacity : contos, informativos, documentais, musicais, lingua,… Sería importante incidir con eles nos temas
da lingua, autoestima, sociolingüística,...
De entre estas
actividades, desenvolvéronse as seguintes:
-
Apertura do blog da Coordinadora AURIA:
-
Publicación do primeiro
número do boletín informativo “Non só lingua”, en formato
tríptico, pois é este formato o que consideramos máis axeitado para chegar a
todas as casas e a todo o profesorado, contendo breves artigos de lingua,
orientación escolar, sociolingüística,... extraídos de diversos medios como
“Ollos de aula”, “A letra miúda”, etc. e
en colaboración coa área de Normalización do Concello de Ourense (Xúntase PDF contendo “Non só lingua” nº 1)
Fica
feito un esbozo do seguinte tríptico para enviar no primeiro trimestre do
seguinte curso.
-
Está feito o deseño correspondente
da Campaña de adhesivos con lema (Aquí
atendemos en galego,...)
co fin de distribuílos entre
estabelecementos locais, mais pendente de realización e financiamento para o
próximo curso escolar.
-
Continuaremos tamén
para o próximo curso intentando conseguir financiamento para o proxecto de Radio
Escola. E comezaremos no inicio do seguinte curso coa proposta e
votacións para a concesión do Premio conxunto anual a un personaxe ou entidade local.
Sem comentários:
Enviar um comentário