segunda-feira, 17 de fevereiro de 2014

DIA DE ROSALIA.

O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro e dun tempo a esta parte, promovido pola Asociación de escritores en lingua galega, o Día de Rosalía.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa graffitiRosalía,dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
En Ourense estanse a organizar actos para conmemorar este día, de mañá para os centros escolares e de tarde aberto a toda a cidadanía. O vindeiro mércores, día 5 ás 20.00horas, haberá unha reunión no Liceo, á que estades convidados/as a asistir, onde se recollerán as distintas achegas dos centros escolares e outros colectivos para ir pechando o programa.

quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

Concurso: LINGUA DE NAMORAR
Os alumnos de Cisneros celebraron o Día da Paz participando nunha variada selección de actividades que os levaron a facer debuxos para construír un mural, outros para decorar as  aulas, tocar coa frauta “O Himno da Alegría” e  a ler poemas en inglés sobre o tema; tamén compuxeron a letra para varias cancións que interpretaron grupos dos tres niveis educativos do centro:
Os máis pequenos cantaron ao son do “Patio de mi casa”: Os peques de Cisneros … “
Ós de Primaria tocoulle cantar un Rap da Paz que tiña parte da letra da poesía de Alicia, alumna de 5º de Primaria co que gañou o primeiro premio de poesía no Certame “Ourense sabe  acoller”.
E un grupo da ESO cantou e bailou ao son de Sakira con letra adaptada.

Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.