Os alumnos de Cisneros celebraron o Día da Paz participando nunha variada selección de actividades que os levaron a facer debuxos para construír un mural, outros para decorar as aulas, tocar coa frauta “O Himno da Alegría” e a ler poemas en inglés sobre o tema; tamén compuxeron a letra para varias cancións que interpretaron grupos dos tres niveis educativos do centro:
Os máis pequenos cantaron ao son do “Patio de mi casa”: Os peques de Cisneros … “
Ós de Primaria tocoulle cantar un Rap da Paz que tiña parte da letra da poesía de Alicia, alumna de 5º de Primaria co que gañou o primeiro premio de poesía no Certame “Ourense sabe acoller”.
E un grupo da ESO cantou e bailou ao son de Sakira con letra adaptada.
Sem comentários:
Enviar um comentário