segunda-feira, 26 de maio de 2014

RECOÑECEMENTO AURIA AO LABOR NORMALIZADOR

Coa finalidade de facer visíbeis persoas ou entidades próximas ao alumnado que desenvolvan a súa profesión en galego e valorar a súa tarefa a prol da normalización da lingua, no blog de AURIA facemos unha relación de todos os candidatos a esta mención de honor relacionados polos centros.

Cada centro descargará esta  listaxe completa  e exporaa no taboleiro do centro.  Será un premio simbólico de recoñecemento do seu labor normalizador.

ASOCIACIÓN "AMIGOS DO CAMIÑO"
Con sede na antiga escola de Cambeo.
Pola súa labor de investigación, publicación, sinalización e recuperación de tramos do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca.

D. RAFAEL NOGUEIRAS.
Cura párroco de Ferreiros (Coles)Por utilizar o galego nos actos litúrxicos da parroquia
incluso antes de existir a Lei de Normalización Lingüística.

OURENSE E CANEDO NA MIRADA.
http://www.canedo.eu/
Web en galego sobre temas variados relacionados con Canedo e Ourense.
Propiedade de Manolo Domínguez, un xubilado de Canedo.

SERAFÍN ALONSO PINTOS.
Veciño da zona da estación que proclama con fachenda a súa condición de pontino de terceira xeración.
Traballa como profesor no Instituto de Ribadavia.
Doutor en Filoloxía e membro de Prolingua, colabora entre outras institucións, co Instituto da Lingua Galega, o consello da Cultura Galega ou a revista Grial e, sempre que o chaman, coa comunidade educativa do CEIP A Ponte.
No eido da didáctica da Lingua deu ao prelo os catro volumes de Claro e seguido, escritos en colaboración con Begoña Muñoz Sáa e María Xesús Sarmiento Macías (Vigo, Xerais,2004).
Publicou ademáis:
 Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966-1980 (Madrid, UNED,2002)
O proceso de codificación do galego moderno (A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2006).

Supermercado "PINCHA PRECIOS" Vilarchao.
Situado en Vilarchao (Coles)
Pola súa publicidade en galego.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.