Prezados/as amigos/as,
Tal e como avanzamos no Consello Zonal de principios de curso, estamos organizando unha campaña na que trataremos de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.

Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa programamos unha acción ( Presume de galego) que queremos testar con todos e todas vós.
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
Animádevos a participar!
Saúdos normalizadores
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Sem comentários:
Enviar um comentário