quinta-feira, 14 de novembro de 2013



XXIII EXPOSICIÓN FILATÉLICA SAN MARTIÑO 2013
A XXIII Exposición San Martiño 2013- Mostra de Coleccionismo organizada pola Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense, sorpréndenos con máis de sesenta coleccións (once de xente nova) nas que se poderán ver as xa tradicionais de Filatelia (nas súas modalidades tradicional, temática, un cadro, clase aberta) e Numismática xunto a outras que reúnen bitolas, décimos de lotaría, calendarios, tarxetas postais,…
Os expositores teñen idades comprendidas entre os 6 e os 91 anos e pódense concertar visitas do 8 ao 17 de novembro de 2013 na web da Concellería de Educación.
Este ano conta con varias coleccións en lingua galega: algunhas de adultos, ás conxuntas de alumnos do CPR “Cardenal Cisneros”, a do  CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño e a da infantil Jocabed Fernández.
Paulino Peña foi o encargado de entregarlle o seu trofeo salientando así o seu labor pola nosa lingua.
Animámosvos a que a visitedes e coñezades de perto o valor educativo da filatelia xa que “ o selo é punto de encontro de lugares e culturas do que podemos aprender e co que podemos aprender”.
www.sociedadmiño.es

 

Sem comentários:

Enviar um comentário

Adhesivos.

  • Aquí atendemos en galego.

Feísmo lingüístico.

  • Fotos de desleixo lingüístico.